Encontro Estatal de Cargos Públicos pola República

Castellano   Euskera   Gallego   Catalán  Asturiano

 





Aos cargos electos e públicos de todas as organizacións republicanas 

ENCONTRO ESTATAL DE CARGOS PÚBLICOS POLA REPÚBLICA

Madrid, 22 de marzo de 2025 

En novembro de 2018 reunímonos unha ampla representación de plataformas, organizacións e colectivos republicanos de todo o Estado e constituímonos no Encontro Estatal pola República, espazo plural e unitario do movemento republicano.

A partir dese momento coordinamos as accións e mobilizacións unitarias dunha gran parte do movemento republicano e promovemos, xunto a moi diversas organizacións e colectivos políticos, sindicais e sociais, a Consulta Popular Estatal Monarquía ou República que tivo lugar o 14 de maio de 2022 e a Marcha Republicana estatal do 16 de xuño de 2024. 

A monarquía encarna a corrupción sistemática, simboliza a institución patriarcal por excelencia e representa esa minoría privilexiada, a oligarquía, que manda sen presentarse á eleccións, o que a fai, por tanto, incompatible coa democracia. 

Os próximos anos van ser decisivos e o proceso constituínte e a república deben converterse no elemento central do proceso de profundización democrática, o ecodesenvolvemento e o progreso social das maiorías 

Con convencemento de que esta tarefa exixe o concurso en común de todas as organizacións e persoas republicanas e que neste proceso as institucións deben ter un papel de primeira orde facemos un CHAMAMENTO: 

Aos cargos electos e públicos de todas as organizacións republicanas nos diferentes ámbitos territoriais: concellos, mancomunidades, comarcas, deputacións, cabidos, consellos e parlamentos para que participen no ENCONTRO ESTATAL DE CARGOS PÚBLICOS POLA REPÚBLICA. 

Os obxectivos desta asemblea son o encontro e intercambio de achegas das persoas representantes institucionais para avanzar no proceso republicano e, de ser o caso, a aprobación dunha declaración de cargos electos e públicos pola República. 

Esta reunión terá lugar o sábado, 22 de marzo de 2025, de 10.30 h a 14.30 h, en Madrid. 

Inscricións:

Comisión de Enlace do Encontro Estatal pola República